31 de out. de 2010

Grande Muhammad Ali

     Hoxe vou falar dun Deus na terra, Muhammad Ali. Unha figura única do boxeo, un icono dos anos 70 e todo un hito xeneracional, ademáis de un exemplo de superación, activista en contra da Guerra de Vietnam, e sobretodo persoa... pero como cada vez hai menos persoas entre os seres humanos non me queda máis remedio que divinizalo e pasalo directamente ó meu altar de Deuses dos que aprender algo na vida.

     Foi tres veces campeón do mundo na catedoria de pesos pesados,  e para que vos fagades unha idea de 61 peleas, gañou 56 das cales 37 foron por KO en toda a súa carreira só perdeu 5 veces! Increíble, pero sempre acabou vencendo.
     E apesar de todos os golpes que lle deron na cabeciña fixádevos que ben pensaba, a súa postura tan taxante contra a Guerra de Vietnam foi o que fixo que se convertise nun icono. Un boxeador pacifista, pero máis ben un boxeador intelixente. Nese momento a administración de EEUU dedicabase  a seducir a todo deportista xoven que houbese para alistarse no exército e conseguir polo tanto que o resto dos rapaces seguisen o seu exemplo, vamos o mesmiño que fixo o PP con David Cal. Pero neste caso atoparon unha pedra como un piano chamada Ali. E alí quedou, ahi vos poño unhas cantas frases que reflicten perfectamente a súa opinion sobre a guerra;

     I ain't got no quarrel with the Vietcong. No Vietcong ever called me Nigger
     Non vou loitar contra o Vietcong (Frente Nacional de Liberación do Vietnam). Ningún vietnamita chamoume nunca negro (En inglés americano hai dúas maneiras para definir unha persoa de color, unha black, a máis neutra, e nigger con un claro componente despectivo e ofensivo)
     No, I am not going 10,000 miles to help murder kill and burn other people to simply help continue the domination of white slavemasters over dark people the world over. This is the day and age when such evil injustice must come to an end.
    Non, non vou marchar 10.000 millas  para axudar a matar e quemar xente simplemente para continuar a dominación dos esclavistas brancos sobre a xente de color en todo o mundo. Hoxe é o día e o tempo cando tan malevola inxustiza debe chegar ó seu fin.
   Why should they ask me to put on a uniform and go ten thousand miles from home and drop bombs and bullets on brown people in Vietnam while so-called Negro people in Louisville are treated like dogs and denied simple human rights?
   Por qué deberían pedirme que me poña un uniforme e vaia 10.000 millas lonxe do meu fogar para tirar bombas e balas sobre xente marrón en Vietnam mentres a mal chamada xente negra de Louisville é tratada como cans e se lles denega os máis simples dereitos humanos?

    Xa sabedes que a xente que usa a cabeciña para facer un mundo mellor, caéme ben. 
   Voltando do divino ó humano, resulta que Pull&Bear acaba de sacar unha colección de camisetas (horribles ademáis de ser pura demagoxia visual) dedicada ós cartos, perdón a Muhammad Ali, pero de entre toda a colección hai un elemento inxenioso que destaca é o albornoz cas letras en dourado de Muhammad Ali nas costas. Foi velo e xa me enamorei, así que sí o quero, ten que ser meu!. O prezo é un pouco caro para algo de Pull&Bear, xa que son 39,90€ e ademáis na maioría das tendas hai que encargalo e xa podedes estar rezando para que vos atenda un dependiente ou unha dependenta con un mínimo de amabilidade, algo que escasea entre os dependentes de Inditex.


"Float like a butterfly, Sting like a bee"

20 de out. de 2010

Chiculates Amatller! mmmm..

    Sí xa sei que en Galiza temos moi bos chiculates, e algúns non lle teñen nada que envexar os belgas ou suizos. Pero é os chiculates Amatller son especiais por estar tan vinculados o modernismo e reflexalo en todo o seu packaging, o cal para min xa sabedes que é fundamental! Ademáis da estética tan coidada que teñen pois gústame o halo de empresa familiar e producto artesanal que aínda conservan dende 1797.
  Esta páxina que atopei a marca Lateral Branding falavos un pouco de como se decidiu organizar a estratexia de marketing para cambiar radicalmente a marca, e como veredes no resultado final é un traballo excelente. Aquí tedes o link; http://www.lateralbranding.com/index.php?lang=esp&ap=1&tag=Amatller
   E esta é a páxina web, a min páreceme un pouco floxa, gustaríame que lle sacasen máis xugo ou que polo menos puxeran unha tenda online de chiculates, pero iso xa é pedir moito.



         Bueno imos o tema, dentro da súa gama de chiculates teñen unha serie de caixiñas que non custan nada uns 3 €uros ou algo así, e son preciosas e fantásticas, do chiculate non me preguntedes que me durou ben pouco en tódolos casos.  Vamos que son unha marabilla pura e dura, a caixa é bonita, o chiculate está de morte e para colmo barato! Qué máis se pode pedir?? 

      Ademáis os usos das caixiñas depois dependen da vosa imaxinación; como pastillero, para levar lentillas, e un lungo lungo ecétera... A min gústame levar conmigo este tipo de caixiñas sobretodo para poñer os auriculares (xa que non soporto que se enreden!), as sim, microsim, tarxetas de memoria e tecnocousiñas minúsculas varias... e claro tamén podedes levar condóns para que non se arruguen pero corredes o risco de que alguén vos pida un chiculate, caramelo, chicle, whatever... e quedar un pouco buff!

       Na última viaxe a USA merquei esta caixiña de chiculates GODIVA e está xenial. Ahí vos deixo unha foto para que vos fagades unha idea... 


4 de out. de 2010

TASCHEN. SEMPRE UN TASCHEN!



      TASCHEN non é unha editorial, é unha maneira de vida. Encántame a súa irreverencia, a mala ostia, e sobretodo que son unha das poucas editoriais no mundo que conseguiron que libros dedicados ó sexo e a pornografía saísen de debaixo das camas para gañar o dereito de estar na mesa do salón. E iso que Taschen é unha editorial moi moi xoven, nace en 1980 en Colonia (Alemania) por Benedikt Taschen (Taschen significa petos en alemán ainda que tamén pode significar man) quen básicamente era un friki dos cómics e quería ter unha tenda para vendelos, do comic á arte e da arte ó sexo. Así que Taschen acabaría sendo un adaliz do fetichismo, do porno e da cultura de masas case sen percatarse.


     Todo cun deseño perfecto, cunha maquetaxe extraordinaria, e moi ben de prezo.... TASCHEN! Eu espero que nalgún día de 2024 ou 2030 decidan a abrir unha tenda desas tan chulas en Compostela, deseñadas por Philippe  Stark, pero iso é soñar.

Taschen París

Taschen Londres

Para que non vos matedes pensando cal regalarme aquí tedes un listaxe dos que xa teño;

Andrés Serrano (Big Format)
Arte del sXX (2 tomos)
Bauhaus
Devils (small format)
Fashion Now
Hopper
Japanese Graphics Now
Picasso
Pop Art
Scandinavian Desing
Sculpure (2 tomos)
The Golden Age of Advertising 70's >> Esta colección é xenial a quero facer toda!
Van Gogh
Atlas Maior 1665 (Big Format)
Atlas Maior (Hipania, Portugallia, Africa & America)
Cinema Now

E algún máis que teño que buscar...




E esta é unha lista de posibles novas adquisicións;

Michelangelo 30 Anniversary (30€)
Masterpieces in detail 30 Anniversary (40€)
Life on Planet LaChapelle 30 Anniversary (30€)
Public Architecture Now! (30€)
Architecture Now! Museums (30€)
100 Contemporary Artists (40€)
Product Design in the sustainble era (30€)
Latin American Graphic Desing (30€)
Package Desing Now! (30€)

    Na páxina web teñen moitas ofertas así que aínda podem sair máis baratos e tamén se facedes o pedido a través da revista que envían cada dous meses. Eu só o deixo caer!

2 de out. de 2010

Un reloxo, ou algo máis?

 Pois sempre, algo máis. Resulta que os "pelucos oversized" nunca me gustaron moito, pero empezo a cambiar de opinión. E  a culpa débolla a Steve Jobs, a ultima xeración de iPod Nano ademáis de ser xeniais, pois permite facer frikadisímas como estas....





    É superfuturista levala túa musica en algo tan pequeno, creo que iría pola rúa sentíndome un axente secreto, só me falta o Coche Fantástico e tan feliz. A banda de abaixo está ben porque a podes combinar ca cor do propio ipod,  pero creo que me convence máis a de arriba que a vexo como máis profesional. Se me queredes regalar a correa aquí tedes a páxina;


      Se me queredes regalar o ipod aquí tedes a páxina tamén;


ACTUALIZACIÓN 20-10-2010 (a qué mola a data!)


Ben se pensabades que iba ir a New York e non pasar pola Apple Store de 5th Avenue estades tolos! Levo anos esperando ese momento e a verdade foi xenial, así que cun dollar devaluado e ca miña falta de voluntá acabei mercando un iPod Nano 6th Generation está xenial, dende fai tempo que xa quería un para ir a correr, pero un pequeno por que o primeiro que tiven (1st generation) pesa como un demo. Ademáis agora son "touch" e sobretodo algo que anhelaba dende fai tempo é que por fin teñen radio! E funciona moi ben. 

    
      E aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid tamén merquei o sistema Nike+  de Nike e Apple para os runners, que me parece moi futurista a la par que friki....


    E aproveitando que o Sena pasa por París tamén merquei un par de tenis Nike Free Run+, en realidade as quería en negro pero por moito que se matou a búscalas o rapaz da tenda, un negro cun rollo moi malote de Harlem pero moi majo pois non había, así que as merquei en gris. O que máis me gusta é a especie de cubrimento de origami que as cobre, e teño que decilo son super-cómodas. 


E claro tanto mercar acabei ca tarxeta feita un farrapo! Pero feliz :)


Pero sigo querendo a correa para levalo como reloxo.

28 de set. de 2010

Unha Revista!

  O ano pasado Carlos e Pili tiveron a xenial idea de regalarme unha suscripción a unha revista, é a verdade é unha idea caralluda. A min encántame as revistas e decidiron suscribirme a GQ, teño que decir que o servicio é impecable. A revista chega relixiosamente tódolos meses envolta nun plástico opaco, e de feito, o meu carteiro ma deixaba decindo;

- Ahí tienes las guarras! Eu morría da risa, claro! Case sempre a recibes antes de que chegue a do quiosco, e por riba se ven algún regaliño, tamén cho envían antes. Vamos todo xenial. Ademáis pensade que non é un regalo, son en realidade 12 porqué cada vez que recibes un novo número pois acabas lembrandote da persoa que cho regalou. Un completo!
   Como agora xa coñezo GQ e como sempre a versión española a vexo un pouco floxa, cuns cortas e pegas da versión yanki mezclados con toreros e furbolistas que se me fai un pouco dura de tragar. Penso que agora disfrutaría máis cunha suscripción a Esquire, a versión española páreceme moi digna, ben feita e respetando o espíritu da versión americana pero adaptandoa ó mercado ejpañol. Así que moi ben por Esquire!

     Para facer suscripcións http://esquire.es/suscripciones/

  
Un icono

Dous iconos

       Outra das miñas revistas favoritas é LING. É a revista da compañía aérea Vueling e flípame, son fan incondicional do seu diseño, do bo maquetaxe que ten, os diseñadores gráficos tan bos que teñen.... e como todo o bo nesta vida.... é gratis! Pero (sempre hai un pero) só a dan nos seus avións e moitas veces agotase moi rápido. Como estamos nun mundo moi moderno, pois agora pódese consultar en Issuu e Wobook, pero sempre está guay tela nas mans así que se viaxas con Vueling e de repente te acordas de min, pois eu voucho agradecer!  Olvidadeo acabo de ler que a revista levouna a crise por diante como unha marea, pois xenial!


Os que fixechedes esta revista sodes todos xeniais!

O Demo viste de Prada

 
     Non todo van ser plantas, carallo! Eu non quero morrer sen ter algo de Prada que para algo aturei os aires dos milaneses e milanesas durante un ano. A verdade que Miucca Prada paréceme unha diseñadora xenial e para nada italiana, debe ser ese xogo que sólo sabe facer ela de falar, a traves da súa roupa, dos seus perfumes... de sexualidade pero nunca de sexo, de coller o tradicional e facelo irreverentemente moderno, ese halo intelectualoide e underground que lle imprime as súas pezas o que máis me gusta. E bueno porque Prada é a única marca no mundo que viste o Demo e o Papa.


Non me dígades que non é precioso o logo.
     Pero o que máis me gusta son unha serie de carteiras e marroquinería co logo dun "Bell Boy" ou Botóns de Hotel, todo é xenial. Poñovos unha das poucas imaxes que atopei en internet, esta é unha carteira de muller, pero hai un portadocumentos monísimo que se vos sobran 450€ no peto a min faríadesme taaaaaaaaaaaaaaaaaan feliz!


    Este é o link da tenda online >> http://www.prada.com/en/ES/e-store/

Un chaveiro chulo!

     Xa fai tempo que levo buscando un chaveiro un pouco chulo. Porqué agora non teño, quería algo con clase. Gústame moito un Paul Smith cunha zebra multicolor que me parece moi pop pero elegante o mesmo tempo, pódese mercar online aquí vos deixo a páxina se vos sentides xenerosos >> http://www.paulsmith.co.uk/shop/paul-smith-mens-accessories-other-450/paul-smith-key-ring-multi-stripe-zebra-tag-key-ring-acxj-keyr-zebrb-1/product.html

       Pero máis fáciles de atopar son os de Diesel que tamén me gustan moito, son un pouco máis macarras pero para diario están ben! Aquí tedes unhas fotos;


Este é moi útil pa remexer e atopalo no bolso.
Máis rock!
O chaveiro de Paul Smith que me flipa.

 ACTUALIZACIÓN 20-10-2010 (a que mola a data!)

     Como ben sabedes estou recén chegado da miña viaxe a New York, e claro é a cidade na que todo se pode mercar e vender, así que non me quedou máis remedio que cumplirme un par de caprichos. Entre eles merquei un par de chaveiros superchulos en Marc by Marc Jacobs superbarateiros, e cun dollar devaluado pois aínda mellor! 
    Unha das marabillas que merquei foi este chaveiro-carteira que me parece fantástico, ademáis de ser de pel, algo que me pareceu increíble co barato que foi, pois ten un tamaño moi cuco e é moi discreto a pesar de ser Marc Jacobs. Encántame!

Chaveiro-carteira de Marc Jacobs.
       Outra cucada que atopei na tenda de Marc Jacobs que ten en Chelsea é este chaveiro con avión e planeta terra incluido que me pareceu unha idea xenial, claro non me puiden resistir. O outro que está ó carón compreino no aeroporto de Barajas no duttyfree, simplemente por qué me gustan as chaves e pareceume moi simpático ter as chaves da capital do reino no meu peto, para facer e desfacer ao meu gusto. Aquí tedes a páxina web por se me queredes regalar algo máis; http://www.marcjacobs.com/

Cuquísimos!
De todas formas sigo querendo ó de Paul Smith!! 

Regalademe Felicidade. Regalademe LAX!

     A xente normal vai a Ikea para mercar mesas, sillas, cousas pitucas para cuarto dos nenos.... pero eu vou a Ikea a polo salmón sueco! Que conste que o noruego é mellor, pero os suecos véndense que da gusto! O meu favorito sen dúbida é LAX. Sabe a gloria! mmmmmmmm
     De vez en cando os suecos fanme a puñeta e venden o salmón en 2x1! E iso é un non vivir porque non hai neveira na que entre todo iso.
Aquí tedes o meu LAX sueco enriba da miña LACK sueca tamén!

26 de set. de 2010

Os amuletos de Sargadelos.

Bueno supoño que moitos estaredes flipando co feito de poñer na listaxe de cousas que quero algo de Sargadelos. Pois, non sei, debo ir vello que cada vez gústanme máis! Que conste que sempre sentín certo respeto cara Sargadelos o que representan para Galiza, a súa importancia como xa non só como cerámica, senón tamén como icono, o valor cultural tan forte que ten detrás, a coraxe de Isaac Díaz Pardo....
     E fixen traballos sobre Sargadelos na facultade e xa de neno fora a visitar o Museo Carlos Maside e tooooooooodo iso que ten que facer un bo galego.... O que creo é que o meu problema foi un "desgaste de marca" que dirían os expertos en marketing, é decir, que tantas veces vin Castelaos en casas fachas, Rosalías en casas rancias, porque claro toda esta galeguidade da que falo para a maioría dos galegos obvianna e ven só a cerámica como "algo caro que hai que ter na casa para que vexan as visitas" ou pior "algo para regalar nas vodas que sempre queda ben" e claro iso acaboume pasando factura, ata o punto de vincular Sargadelos con aburrido.
         Pero como digo cada vez vexo Sargadelos máis xoven, máis arrogante (porque calquer cousa que poñas ó carón vai pasar desapercibida!) e quizais máis estético. Canto máis o penso máis creo que Galiza é branca e azul e resto de cores sobran. E ese azul eléctrico sería precisamente o máis hipnótico e estético que xamais vira nunha cerámica.  O que máis me gusta de Sargadelos é precisamente o máis pequeno, os amuletos; esas figas, cornabertos, lobicans e furamáns... que fan que toda a maxía de Galiza quepa nunha man.
          E claro está tamén hai algunhas cousas como os xarróns de Alianto cos páxaros que sonche ben bontiños, o organistrum paréceme xenial, a catedral en pequeno pois indispensable, Rosalía con Follas Novas na man e preciosa e como non o Faro de Fisterra é único!

Empezando pola man abaixo; Furamán, Lubicán, Peixán, Figa, Curuxán, Larchán, Trampallán, Morto, Cornaberto, Cornamán, Larpán e Cornapecho.



O Faro de Fisterra que bonito é!

O Organistrum do Pórtico da Gloria según Sargadelos.

24 de set. de 2010

Plantas, mira ti que fácil!

Pois sí! Algo que seguro nunca imaxinaches que me faría especial ilusión, ademáis de barato, bonito e fácil de atopar. Pero imos a aclarar as cousas, porque non todo o monte é orégano.....
O que non quero que me regaledes; 

 1) NEVER NEVER NEVER se vos ocurra regalarme un cactus!!!

Ademáis de ser horribles, necesitan moitos coidados. Sí lees ben, necesitan moitos coidados, outra cousa é que a xente os dexe na maceta e sobrevivan como podan durante anos, pero para que un cactus floreza ten que ter unhas codicións que díficilmente se poden dar na nosa terra galega e eu pa que sufran NON OS TEÑO! 

2) Plantas con follas puntiagudas.



    Esto xa é outro rollo, e de feito, na casa teño algunha arecácea (da familia das palmeiras) pero por norma as evito porque igual que os cactus son moi malas para o Feng Shui, que xa sabedes que me apasiona! Así que ningún tipo de folla-lanza en xeneral. Se teñen as follas redondeadas entón non hai problema :)                                             
3) Plantas con flores de colores fortes.

     Sí, xa sei que é algo raro, pero a min as plantas gústanme verdes non de colores. Así que non me fan especial gracia as plantas que teñen flores moi rechamantes. A floración é unha parte tan pequena da vida da pranta que prefiro que teña as follas bonitas antes que a propia flor.
                                             
Pero claro, como todo na vida hai excepcións, por exemplo os xeranios gústanme moito, especialmente os que non teñen a flor de color vermello que é a máis habitual. E os tulipáns chiflanme!
E tachán as plantas que me gustan son......

1) AS PLANTAS CARNÍVORAS

Ademáis de ser super cucas e acabar con todo bicho que haxa na casa, pois son un centro de atención total. Non hai persoa que non pregunte por elas, e dan a unha casa o toque friki totalmente xenial. Eu ademáis teñolles moito cariño por este peliculón da miña infancia,

LITTLE SHOP OF HORRORS

Que bonito capullo!
Quien es el capullo, ahora?

2) AS PLANTAS ACUATICAS

    Encantanme, parecenme taaaaaaaaan bonitas! As follas, as flores incluso as raíces! TODO.  Ademáis agora son moi fáciles de atopar en todas partes, de feito en Ikea vendenchas cunha maceta transparente para que as vexas baixo a auga. 

Máis ben feitas! Qué ricura!
3) OS BULBOS

     Tamén moi ben feitiños eles, e non só falo dos tulipans, tamén lirios, narcisos, azucenas, gladiolos, xacintos..... todas moi lindas. O que máis me flipa é o seu proceso vital, eses aletargamentos collendo forza para a floración.


 


4) AS PLANTAS ARÓMATICAS

     Si todo tipo de planta que teña un olor moi característico, como por exemplo a Lavanda pero tamén as que se utilizan na cociña como a Menta, Herbaboa ou Alfábega. 

5) AS ORQUÍDEAS

     Sabedes xa que son un elitista como non me ía gustar a Raíña de todalas flores: a Orquídea. Preciosa e máis resistente do que a xente cree en realidade, pero non lle vou quitar eu esa fama de flor delicada. Unha maravilla, as miñas favoritas as de color branco ou amarelas.






E se nón xa sabedes, un Listerine DaLitro!

23 de set. de 2010

O Listerine Da'Litro!

      Mimá cando o vin no Alcampo, pensei que me daba mal! A qué animal neoliberal se lle ocorrería a brutal idea de vender Listerine daLitro???  Bueno pois a min pareceme tan surreal que o quero para decorar o meu baño, so de pensar o careto que se lle vai a quedar a peña cando entren no baño e os seus ollos vaian directos cara ese buraco negro de atención, méxome! jjjajajaja


      Mirade este rapaz tamén quedou en shock cando o veu, e por suposto decidiu compralo. A ver quen se resiste! O efecto deber ser instantáneo -tanto líquido, claro!- porque mirade que dentes máis brancos lle quedaron. Isto é felicidade.


Que non sabedes qué regalarme?? Pois un Listerine DaLitro, qu evai ser!

9 de out. de 2009


Olá a todas e todos!!!

Supoño que vos estaredes a preguntar porque motivo creo eu un blog cun nome tan rariño, MeuWishList, pois a resposta é bastante sinxela; os fillos da ghran p*** de Google non saben falar Galego. Así que non me foi posible rexistrar Miña Wish List, que era o título que tiña pensado orixinalmente.

Ademáis sei o traballiño que supón facer un bo agasallo así que tamén é unha maneira de facilitarlle a tarefa os e as que queirades facerme un detalliño, e como eu tamén son un desastre pois é unha forma de poñer as ideas en claro sobre que cousas realmente quero e cales non.


Aviso a navegantes; lusistas do mundo olvidadevos de deixarme comentarios do tipo; escribe en galego de verdade, escribe en portugués ou fachas das españas evitade comentarios dos de sempre que xa aburren. Eu son Galego, e España e Portugal quedanme igual de lonxe. A min plín! Se vos aburrides ide botarlle unha ollada ó Blog de Galicia Bilingüe que seghuro é suuuuuperinteresante!!! Este é un blog para os meus, os que me agasallarán con todas as cousiñas do MeuWishList! :[