Sí xa sei que en Galiza temos moi bos chiculates, e algúns non lle teñen nada que envexar os belgas ou suizos. Pero é os chiculates Amatller son especiais por estar tan vinculados o modernismo e reflexalo en todo o seu packaging, o cal para min xa sabedes que é fundamental! Ademáis da estética tan coidada que teñen pois gústame o halo de empresa familiar e producto artesanal que aínda conservan dende 1797.
Esta páxina que atopei a marca Lateral Branding falavos un pouco de como se decidiu organizar a estratexia de marketing para cambiar radicalmente a marca, e como veredes no resultado final é un traballo excelente. Aquí tedes o link; http://www.lateralbranding.com/index.php?lang=esp&ap=1&tag=Amatller
E esta é a páxina web, a min páreceme un pouco floxa, gustaríame que lle sacasen máis xugo ou que polo menos puxeran unha tenda online de chiculates, pero iso xa é pedir moito.
Bueno imos o tema, dentro da súa gama de chiculates teñen unha serie de caixiñas que non custan nada uns 3 €uros ou algo así, e son preciosas e fantásticas, do chiculate non me preguntedes que me durou ben pouco en tódolos casos. Vamos que son unha marabilla pura e dura, a caixa é bonita, o chiculate está de morte e para colmo barato! Qué máis se pode pedir??
Ademáis os usos das caixiñas depois dependen da vosa imaxinación; como pastillero, para levar lentillas, e un lungo lungo ecétera... A min gústame levar conmigo este tipo de caixiñas sobretodo para poñer os auriculares (xa que non soporto que se enreden!), as sim, microsim, tarxetas de memoria e tecnocousiñas minúsculas varias... e claro tamén podedes levar condóns para que non se arruguen pero corredes o risco de que alguén vos pida un chiculate, caramelo, chicle, whatever... e quedar un pouco buff!