8 de xan. de 2011

O MeuWishList para o 2O11.


   Remata un ano 2010, unha decada "Os Naughties", e eu diría que unha época. Non estou nostálxico en absoluto porque eu son da opinion de que todo cambio é bo en si mesmo aínda que pareza que todo vai a peor.
  Para @s melacolic@s aqui tedes uns resumes bastante bós do que nos tocou vivir;





     E a min a verdade, o 2010 e os naughties xa me pesan no corpo, así que estou desexando que chegue 2011 para que todo cambie e todo siga igual. Aquí tedes a miña lista de desexos para 2011;

  1. Que Estados Unidos de América non aprobe o matrimonio homosexual.
   Comorrrrrrrrrrrr???  Deixádeme explicarme, por suposto que estou a favor de que todo o mundo teña os mesmos dereitos e nunca estarei a favor de ningún tipo de discriminación do tipo que sexa. E creo (e espero!) que co tempo tódolos paises vaian lexislando para adaptarse a realidade do día a día. Pero en EUA, cada estado pode lexislar as súas propias leis e isto non facilita moito a cousa ou polo menos non a acelera... pero o meu punto é 2010 foi grazas a comunidade gay americana o ano do ciberactivismo, xa non fan falta líderes como Harvey Milk porque as ideas xa están ahí e ben claras ademáis! O que fai falta é presionar a opinión do resto da sociedade e conciencialos da inxustiza que se está a comenter. Non participar xa non significa ser neutral, significa formar parte do problema!
  E estamos vendo como grazas a internet calquera dende a súa casa pode cambiar un pouquiño a cousa, este ano foi o ano da xenial campaña "It gets better!" ("Mellora!") que se lanzou para evitar o suicidio de xoves glbt, aqui vimolo a través de internet e en series como Glee;

     Na cal Kurt o único gay declarado dun instituto americano ten que lidiar cun animal que lle fai a vida imposible, lamentablemente algo bastante habitual nos institutos non só americanos.
 No video de arriba podedes ver a Kurt atacado na serie Glee.
                        Un video divertidisimo -con moitos tacos- contra o bulling nas escolas.

    Pois ben a campaña "It gets better"  http://www.itgetsbetter.org/   foi unha especie de detonante pero non foi o único porque por exemplo "The Trevor Project"  http://www.thetrevorproject.org/ lanzou varias campañas interesantes en defensa dos xoves da comunidade lgbt coa axuda do sempre involucrado Daniel Radcliffe e eles mesmos participan en "It gets better" pero o mellor de esta organización é o feito que buscan a aplicación dunha lei contra os "Hate Crimes" Crimes de Odio, polo cal calquera tipo de agresión de tipo xenofobo, homofobo, relixiosa o do tipo que sexa poda ser castigada en todo pais. O concepto de Crimes de Odio paréceme moi interesante ademáis de un avance importante en canto a dereitos humanos. 


 Un estupendo e emotivo video dos traballadores de Pixar para a campaña "It gets better".

     Pero ademáis houbo outros frentes dende os EUA polos que loitar a derrogación do DADT (Don't Ask Don't Tell - Non preguntes Non respondas) foi todo un avance e tamén tivo os seus momentos mediáticos;
Lady Gaga acude os premios Mtv con soldados e marines expulsados do exército por declararse homosexuais.

Aqui tedes algúns datos interesantes (en inglés) do DADT;


 E quizais o que máis repercusión tivo foi as distintas campañas para evitar a Proposición H8, a lei contra o matrimonio homosexual.





E con videos, campañas e revoltas mediáticas como estas comprenderedes que o último que quero é remate a festa! Eu quero máis como axitador mediático que son.

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario