Amosando publicacións coa etiqueta sargadelos amuletos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sargadelos amuletos. Amosar todas as publicacións

26 de set. de 2010

Os amuletos de Sargadelos.

Bueno supoño que moitos estaredes flipando co feito de poñer na listaxe de cousas que quero algo de Sargadelos. Pois, non sei, debo ir vello que cada vez gústanme máis! Que conste que sempre sentín certo respeto cara Sargadelos o que representan para Galiza, a súa importancia como xa non só como cerámica, senón tamén como icono, o valor cultural tan forte que ten detrás, a coraxe de Isaac Díaz Pardo....
     E fixen traballos sobre Sargadelos na facultade e xa de neno fora a visitar o Museo Carlos Maside e tooooooooodo iso que ten que facer un bo galego.... O que creo é que o meu problema foi un "desgaste de marca" que dirían os expertos en marketing, é decir, que tantas veces vin Castelaos en casas fachas, Rosalías en casas rancias, porque claro toda esta galeguidade da que falo para a maioría dos galegos obvianna e ven só a cerámica como "algo caro que hai que ter na casa para que vexan as visitas" ou pior "algo para regalar nas vodas que sempre queda ben" e claro iso acaboume pasando factura, ata o punto de vincular Sargadelos con aburrido.
         Pero como digo cada vez vexo Sargadelos máis xoven, máis arrogante (porque calquer cousa que poñas ó carón vai pasar desapercibida!) e quizais máis estético. Canto máis o penso máis creo que Galiza é branca e azul e resto de cores sobran. E ese azul eléctrico sería precisamente o máis hipnótico e estético que xamais vira nunha cerámica.  O que máis me gusta de Sargadelos é precisamente o máis pequeno, os amuletos; esas figas, cornabertos, lobicans e furamáns... que fan que toda a maxía de Galiza quepa nunha man.
          E claro está tamén hai algunhas cousas como os xarróns de Alianto cos páxaros que sonche ben bontiños, o organistrum paréceme xenial, a catedral en pequeno pois indispensable, Rosalía con Follas Novas na man e preciosa e como non o Faro de Fisterra é único!

Empezando pola man abaixo; Furamán, Lubicán, Peixán, Figa, Curuxán, Larchán, Trampallán, Morto, Cornaberto, Cornamán, Larpán e Cornapecho.



O Faro de Fisterra que bonito é!

O Organistrum do Pórtico da Gloria según Sargadelos.