É superfuturista levala túa musica en algo tan pequeno, creo que iría pola rúa sentíndome un axente secreto, só me falta o Coche Fantástico e tan feliz. A banda de abaixo está ben porque a podes combinar ca cor do propio ipod, pero creo que me convence máis a de arriba que a vexo como máis profesional. Se me queredes regalar a correa aquí tedes a páxina;
Se me queredes regalar o ipod aquí tedes a páxina tamén;
ACTUALIZACIÓN 20-10-2010 (a qué mola a data!)
Ben se pensabades que iba ir a New York e non pasar pola Apple Store de 5th Avenue estades tolos! Levo anos esperando ese momento e a verdade foi xenial, así que cun dollar devaluado e ca miña falta de voluntá acabei mercando un iPod Nano 6th Generation está xenial, dende fai tempo que xa quería un para ir a correr, pero un pequeno por que o primeiro que tiven (1st generation) pesa como un demo. Ademáis agora son "touch" e sobretodo algo que anhelaba dende fai tempo é que por fin teñen radio! E funciona moi ben.
E aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid tamén merquei o sistema Nike+ de Nike e Apple para os runners, que me parece moi futurista a la par que friki....
E aproveitando que o Sena pasa por París tamén merquei un par de tenis Nike Free Run+, en realidade as quería en negro pero por moito que se matou a búscalas o rapaz da tenda, un negro cun rollo moi malote de Harlem pero moi majo pois non había, así que as merquei en gris. O que máis me gusta é a especie de cubrimento de origami que as cobre, e teño que decilo son super-cómodas.
E claro tanto mercar acabei ca tarxeta feita un farrapo! Pero feliz :)
Pero sigo querendo a correa para levalo como reloxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario