Pero máis fáciles de atopar son os de Diesel que tamén me gustan moito, son un pouco máis macarras pero para diario están ben! Aquí tedes unhas fotos;
![]() |
Este é moi útil pa remexer e atopalo no bolso. |
![]() |
Máis rock! |
![]() |
O chaveiro de Paul Smith que me flipa. |
ACTUALIZACIÓN 20-10-2010 (a que mola a data!)
Como ben sabedes estou recén chegado da miña viaxe a New York, e claro é a cidade na que todo se pode mercar e vender, así que non me quedou máis remedio que cumplirme un par de caprichos. Entre eles merquei un par de chaveiros superchulos en Marc by Marc Jacobs superbarateiros, e cun dollar devaluado pois aínda mellor!
Unha das marabillas que merquei foi este chaveiro-carteira que me parece fantástico, ademáis de ser de pel, algo que me pareceu increíble co barato que foi, pois ten un tamaño moi cuco e é moi discreto a pesar de ser Marc Jacobs. Encántame!
![]() |
Chaveiro-carteira de Marc Jacobs. |
Outra cucada que atopei na tenda de Marc Jacobs que ten en Chelsea é este chaveiro con avión e planeta terra incluido que me pareceu unha idea xenial, claro non me puiden resistir. O outro que está ó carón compreino no aeroporto de Barajas no duttyfree, simplemente por qué me gustan as chaves e pareceume moi simpático ter as chaves da capital do reino no meu peto, para facer e desfacer ao meu gusto. Aquí tedes a páxina web por se me queredes regalar algo máis; http://www.marcjacobs.com/
![]() |
Cuquísimos! |
De todas formas sigo querendo ó de Paul Smith!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario