21 de nov. de 2010

Zara ataca de novo!

         Xa sabía que a tenda online de Zara non ía ser boa para ninguén, pois resulta que agora atacan onde máis doe, na infancia! Especialmente na miña, os oitenta están de moda -cando pasaron de moda? digo eu-, e que mellor que recoller todo iso e vólcalo nunha camiseta.
        E se algo resume moi ben o que foron os 80's iso son as dúas películas dos Gremlins, sinxelamente xeniais, xenialmente sinxelas. Aínda hoxe non coñecín persoa á que non lle gústase os Gremlins!  Van caer pero moi pronto....

A miña favorita!

  http://www.zara.com/webapp/wcs/stores/servlet/product/es/es/zara-sales/11044/165005/CAMISETA%2BGREMLIMS

  A que vedes arriba é a miña favorita con diferencia, sempre me gustou a imaxe de Gizmo cagadiño de medo dentro do casco. Parécemeun gran acerto por parte do deseñador! Outra imaxe que quedou grabada na miña retina é a do gremlin malo exhibicionista, o que levaba gafas de sol e gabardina e a mínima montabaa pardísima.... inolvidable é a escena dos gremlins malos no cine, creo que de pensalo aínda hoxe morro da risa!  Polo tanto creo que vou mercar as dúas a de Gizmo e esta outra do Gremlin malo...


A apartarse que veñen Gremlins!
































































































Ningún comentario:

Publicar un comentario