9 de nov. de 2010

Unha Colonia!

      Unha cousa que non soporto é o feito de que todo o mundo teña a malísima costume de regalar colonias e fragancias en Nadal, como se o resto do ano as perfumerías pechasen! Non o entendo, podo chegar a entender que é máis fácil regar unha colonia que unha peza de roupa. O fin e ó cabo, se non che gusta non a pos, e sanseacabó!
     Pero tamén hai que pensar que a colonia/perfume é algo moi personal, non hai que pensar se lle vai gustar ou non determinado olor, por qué os factores son infinitos; hai perfumes máis lixeiros que van mellor para o verán, outros un máis fortes máis apropiados para ó inverno, e os perfumes adaptánse ó noso propio olor corporal polo tanto hai probar ata atopar o apropiado. A demáis agora con marketing pois cada perfume ten un mercado ó que vai dirixido; xoves, treintañeiros, maduritos, pijos, modernos... ata ó infinito! Así que hai que buscar ben!

Os perfumes que máis me gustan a min son;

CK be de Calvin Klein

  
       Teño que decir que Calvin Klein non é un deseñador que me convenzca moito, pero si admito que marcou os noventas ca súa estética andróxina e a súas fragancias unisex. CK be saíu ó mercado en 1996 e aínda que é máis famosa CK one, eu a prefiro por qué me parece que ten máis caracter, a outra podería ser unha colonia calquera é CK be é Ck be!

       Aquí a podedes mercar moi ben de precio;
  
      Clicade aquí para ver un video dunha máis-escuchimizada-que-nunca Kate Moss vendendo a frangancia;

L'eau d'Orange Vert de Hermès

         Os ingnorantes pensan que este perfume é de muller, pois non que é unisex! En realidade unisex é unha palabra moi CK, mellor como o define a casa francesa; para muller e para home. Pois este perfume está cheo de historia xa que nace en 1979 da man de François Caron (unha das mellores narices vivas). E fagamos un pouco de historia as Eau de Cologne nacen en Colonia e chamanse así por ser unha combinación de notas hespérides que se caracterizan por ter  unha porcentaxe de alcohol menor que as Eau de Toilette (todo o mundo pensa que é o revés, pero non!). O que fixo Françoise Caron na Eau d’Orange Verte de Hermès, foi destacar o arrecendo da pel de laranxa y das follas verdes da mandarina e o limoeiro.

Se non a coñecedes, é moi fresquiña.
Se ven nun kit como este mellor!
http://www.perfumesclub.com/es/perfume/hombre/EAU-D%27ORANGE-VERTE-eau-de-colonia-flacon-pompe-200-ml/Detalle/20476

Tokyo de Kenzo

        Teño que decir que me encantas os perfumes de deseñadores xaponeses, Issey Miyake, Comme des Garçons, Shisheido... todos! Pero este chamoume a ateción primeiro polo ollo e despois polo nariz. Creo que o que máis me impactara era un anuncio moi vibrante que recordo ver na televisión e que non atopo en ningures en internet, despois o packaging, especialmente do frasco, a pureza e a modernidade de xapón resumida nun frasco de colonia. Pois ben esta fragancia nace dun pensamento "Pola noite Tokyo vése mellor que de día" pois iso levado a unha fragancia, como te quedas? Pois a min flipoume e para colmo ten o que máis me gusta dunha fragancia os toques cítricos limón, pomelo, laranxa amarga, té verde... vamos todo o Xapón cabe dentro. Un 10!

   Neste link tedes o video; http://www.youtube.com/watch?v=X97uIco_BbE&p=77B5555BD9DB422D&playnext=1&index=5

   E para mercar, un par de páxinas que poden ser interesantes;
   http://www.outletbelleza.com/tienda/perfumes-hombre/kenzo/tokyo-by-kenzo-kenzo-edt-100-ml.html
  http://www.perfumesclub.com/es/lotes/TOKYO-LOTE-2-pz/Detalle/22643

Ningún comentario:

Publicar un comentario