Hoxe estou moi inspirado así que xa podedes esperar calquera barrabasada ou andresada por estes lares... Avisad@s quedades!
![]() |
O lápiz dos meus desexos. |
E de que vos vou falar? Pois do lápiz quitamanchas de Ariel "Ariel Stain Pen" que foi un producto fantástico e marabilloso que Procter & Gamble lanzaron aló por 2006, a min paréceume tan fantástico e moderno que cheguei a pensar que vivía nun pais civilizado ou desarrollado. Pero non, equivoqueime de cheo porqué por algún motivo deixouse de fabricar e vender en España. E mira que é útil, o formato é ideal para deixar nun caixón no traballo ou no coche, e non era nada caro uns 5€, que está moi ben! Eu lembro que lle regalara un a Carlos Andrés e fixéralle moita coña, e xa está, non o volvín a ver na miña vida.
Así que facédeme un favor, se algún día vedes algún ou ides a un super en calquera outro pais europeo (aló si os teñen porqué son civilizados!) e o vedes.... ACORDÁDEVOS de min e collédemo, por favor! Mellor collede todos cantos haxa, que xa volos pago eu!
Aquí tedes o spot (mira que gastaron cartos para nada!);
Ningún comentario:
Publicar un comentario