Hoxe merquei o meu primero traxe, e algo pois tan así, como sen importancia... ó parcer queda grabado para sempre. Digamos que sería unha especie de ritual de madurez no mundo occidental. Vamos que vou vello, para entendernos.
Xa sabedes que un señor moi moi importante, presidente dun pais moi moi pequeno vai vir de visitiña, pois non sei ben por qué teño que ir a recivilo, de ahí a miña urxencia polo traxe. Nun principio iba mercar un de Uniqlo en New York, que era fatástico pero o pantalón quedaba un pouco como que si pero que non! Así que o deixei, en Zara de Compostela todo horrible e ademáis caro e non tiven máis remedio que ir A Coruña e mercalo nos suecos H&M. Resultado; estou contentísimo cun traxe que me queda perfecto e ademáis é baratísimo.
Pero básicamente do que vos quero falar é dos complementos, por qué merquei unhas cucadas que a xente vaille dar exactamente igual pero a min fánme feliz.
A Cravata
![]() | ||
A cravata de Uniqlo. |
Os accesorios marcan a diferencia e a cravata é fundamental. Merquei esta na tenda Uniqlo do Soho en New York, por qué ademáis de estar de moda as cravatas de punto, esta é moi finiña, moi o rollo de Heidi Slimane para Dior Homme, así que para ó cesto!
O Foulard
![]() | ||
O foulard de Blanco. |
Pois sí, esta pequena marabilla e tan discretiño é de Blanco. Xa sei que é increíble, pero o único que é increíble en realidade é o seu prezo, 8 miserables euros. Ademáis de ter un tacto fantástico e moi quentiño. Así que mellor imposible!
Os Zapatos
![]() |
Os zapatos de Zara. |
A primeira vista poderíades decir que os zapatos non teñen nada, e tedes razón! Por iso me gustan por qué nin son oxford, nin teñen moita punta, nin son de charol... nin nada polo estilo. Son uns zapatos normais que podo levar cun traxe ou cuns vaqueiros. Pero a parte teñen un detalliño de deseño agochado que os fan moi interesantes.... Na suela teñen o diseño do mapa de Milán, cando o vin case caio pa'trás! Xa fai tempo viralle a bolsa de Óscar cun mapa en relieve, e xa daquela encantárame así que podedes imaxinar que contento estou co feito de atopar algo similar cun mapa de Milano. E claro foi amor a primeira vista, ter o Castelo Sforzesco o Corso Magenta ós meus pés é algo moi tentador... Hai quen leva Prada nos pés, eu levo todo Milán. :)
![]() |
Castelo Sforzesco e rueiro de Milán os meus pés. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario