Amosando publicacións coa etiqueta Spotify Premium Smutefy. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Spotify Premium Smutefy. Amosar todas as publicacións

31 de out. de 2010

Spotify

    Claroooooooooooooo, Spotify é o invento do século. Sen el eu xa non sei vivir, e o boto en falta cando estou fóra (sorte que tenemos de ser europeos!), para os que non o coñecedes, é un programa informático que descargas e permíteche escoitar case toda a música do mundo, polo menos das principais compañías. E o mellor é.... que é legal!! Así a parva da Sinde, nin os tocacollóns da Sgae poden decir nada.

Inconvintes; é gratis pero con invitación, a min aínda me quedan algunhas así que se queredes xa sabedes, depois teñen Spotify Open gratis e sen invitación pero so che deixan escoitar 20 horas semanais. E outro inconvinte bastante molesto son os anuncios, tedes que soportar todo tipo de interrupcións inesperadas que se andades mal do corazón poden acabar ca vosa vida antes que unha canción de Paulina Rubio. Afortunadamente os que temos un Mac, temos unha solución chapuceira pero fantástica chamada Smutefy, un programa que o que fai é detectar os anuncios e literalmente silienciaos, pero tamén silencia todo o ordenador. É decir, se queres ver un video de Youtube ó mesmo tempo que Smutefy está silenciando un anuncio, non vas poder por qué o ordenador non vai emitir un son ata que remate o anuncio.
 


     Pero o que mola é Spotify Premiun por qué as cancións teñen máis calidade, NON hai anuncios, non necesitas internet para escoitalas e para colmo permítenche escoitalas no teu teléfono móbil. E podes mercar un mes, tres ou seis como prefiras...


Un regalazo!