Amosando publicacións coa etiqueta Jeff Koons Kiehl's Cosmetica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jeff Koons Kiehl's Cosmetica. Amosar todas as publicacións

31 de out. de 2010

Kiehl's e Jeff Koons

   Hai combinacións imposibles na vida e por raras que sexan, a veces son as que mellor funcionan. Se non que llo pregunten a Kiehl's...


   Pois ben Kiehl's é unha casa cosmética que nace en New York en 1851 como unha pequena bótica farmaceútica por John Kiehl, o que o diferenciaba do resto é que dende un principio John Kiehl decide apostar por herbas, aceites esenciais e productos homeopáticos. Así en 1921 o seu discípulo Irving Morse decide comprarllo todo a Kiehl e mantén o nome, durante todos estes anos a familia de Morse mantuvo o espíritu dos primeiros días e ademáis co tempo añadiron os seus produtos un toque de solidaridade participando nun primeiro momento en campañas contra a expansión do SIDA e despois noutras contra ó cancro infantil. Hoxe en día Kiehl's é unha marca global que aínda conserva ese halo de prestixio e empresa familiar, pero o certo é que no ano 2000 a multinacional L'Oreal decidiu comprar a marca e a verdade é que ademáis de respetala bastante, están levando a cabo unha expansión moi interesante abrindo tendas en todo o planeta.

   Esta é a páxina web española http://www.kiehls.es/, e sí tamén podedes mercar online!

   Os productos estrela da marca son;

1) O bálsamo labial 
    
 
2) Crème de corps
   
3) Blue Astringent Herbal Lotion
  
4) Abyssine Cream
    Pois ben estos son os superventas da marca, pero eu quero falarvos de algo bastante máis friki, por suposto. Pero antes temos que poñer en situación ó outro elemento da ecuación, o excéntrico  Jeff Koons. 

     Ben, pois este tarado nace nos EUA, en Pennsylvania, que ten pinta de non haber moito que facer nese sitio, así que decide marchar a Chicago (que polo menos é máis sonoro!) a estudiar arte -así en general-, pero claro había que comer, así que voltas que da o mundo acaba como corredor de bolsa en Wall Street, o epicentro do mal mundial. Pois ben isto é o que me interesa, gústame Koons porque de feito foi un dos primeiros artistas en aplicar técnicas de marketing á súa arte, el entendeuna como un producto ou unha marca que tiña que convertirse en obxecto de desexo, para os consumidores=coleccionistas. 
O seu famoso Puppy no Guggenheim de Bilbao.
          De feito ó seu taller chamoulle The Factory (A Fábrica) nunha clara homenaxe a Andy Wharhol pero tamén como toda unha declaración de intencións. E ademáis contratou unha axencia de publicidade para facerse aínda máis famoso, e outras triquiñuelas capitalistas, despreciables que o converteron en multimillonario, vése que aprendeu ben en Wall Street!
Un provocador nato xogando ca cultura pop.
     Pois ben esa felicidade absuluta co capitalismo, ese interpretar a cultura de consumo e obsesión polos cartos aparece reflexada na súa obra e na súa vida. A súa relación con Cicciolina, párece máis outra extravaganza que unha realción amorosa, pero de ahí naceu o seu fillo Ludwig, que estou esperando que crezca para ver como de friki saiu. 
Polvete ca Cicciolina convertido en arte -seica!-.
Vamos Jeff Koons o moneymaking aplicado á arte.

    Vamos se Kiehl's é auga, Jeff Koons é aceite, pero mirade que ben funcionan xuntos que este ano mesmo decidiu a firma newyorkina facer unha edición especial do seu tónico de Açaí brasileiro (a froita de unha palmeira tropical) e invitou a catro personaxes ó chou (por qué eu non lles vexo ningunha relación posible). O propio Jeff Koons, o rapeiro Pharrell Williams, a sempre fantástica Julianne Moore e unha surfeira moi coñecida na súa casa chamada Malia Jones. Xa deducides que o frasco que se agotou foi o do Mr Koons, aínda que o de Julianne Moore en EUA funcionou moi ben. Hai que decir que tiña un matiz solidario xa que se fixo co motivo do Día da Terra e os beneficios foron a parar a ONG Rainforest Alliance (http://www.rainforest-alliance.org/) Aquí vos deixo unha foto;
Jeff Koons, Pharrell Williams, Malia Jones e Julianne Moore.
      E se funciona para que se vai parar?? A facer máis cartiños!. E aquí ven a segunda parte; agora só repite Jeff Koons dos outros olvidáronse -menos mal!- Aínda que o deseño de Julianne Moore é moi cuco tamén. Pois ven, agora a través dunha edición limitada do producto estrela da casa; Crème de Corps e tamén con intención benéfica a de axudar a organización que él mesmo sacou da manga para desgravar impostos e para nada máis. Tachán a Koons Family Institute, ojiplático quedei cando vin esto. Pero existe; http://www.icmec.org/missingkids/servlet/PageServlet?LanguageCountry=en_X1&PageId=4345 e o mellor de todo é que se dedica a axudar (ademáis do dono desgravando impostos!) ós nenos explotados do mundo. Seguro que non pensaba tanto nos nenos cando traballaba en Wall Street, e fin este é o resultado
Créme de Corps con toque Koons.


      Pódedes mercar na páxina web española (pero aínda non teñen en stock os productos de Koons) http://www.kiehls.es/cuerpo/cremas-hidratantes-corporales.aspx pero para facerse unha idea dos prezos. E pódedes mirar a páxina americana que xa está un pouco máis actualizada;
      Vamos que se non vos da para mercar un Jeff Koons de museo, sempre pódedes ter un no baño.