Amosando publicacións coa etiqueta HM Lanvin Alber Elbaz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HM Lanvin Alber Elbaz. Amosar todas as publicacións

3 de nov. de 2010

Lanvin for H&M

    Como xa sabedes este ano o deseñador invitado a colaborar con H&M é.... nada máis e nada menos que Alber Elbaz e Lucas Ossendrijver os diseñadores das collecións femenina e masculina respectivamente da casa Lanvin. Unha casa de costura francesa recentemente relanzada, renacida e envidiada.
   Falemos entón un pouco da Casa Lanvin porque ten unha historia moi interesante detrás. Para empeza a casa nace en 1885 en París, pero non en calquera parte de París, nada e nada menos que na rúa Faubourg Saint-Honoré que estaba destinada a convertirse na rúa máis importante do mundo da moda. De ahí saíron Lancôme, Hermès, Lanvin e onde está a residencia do presidente da república francesa, unha rúa moi normaliña! Pero o realmente interesante é a historia da familia. Vamos por partes para que non me lie...
    Jean Marie Lanvin funda a casa en 1885, pero o mellor é que o seu avó, Firmin Lanvin, axudara a escapar de París a Victor Hugo no golpe de estado de 1851. Como vedes unha familia interesante, ela casa co conde italiano Emilio di Pietro teñen unha filla Marguerite "Marie Blanche" di Pietro que decide facerse cantante de ópera e casa co conde Jean de Polignac -mal ollo tiña ela!- . (A condesa de Polignac, era unha das cortesanas favoritas de Marie Antoinette en vida, se lembrades o film de Sofia Coppola e a que dí; Este es el chalet de la gallinas! E Jean de Polignac sería o dos seus descendentes.) Jean Marie empeza  a facer algo moi curioso, empezou a diseñar traxes para mulleres e para as súas fillas de maneira que fosen combinadas, o que no París da época foi toda unha revolución. En 1909 entra no sindicato de costura, algo con moito prestixio e despois empezará a diversificar o negocio con lineas para home, decoración.... ata que 1927 nace o primeiro perfume da casa, Arpège, que faría tremendamente famosa a casa de costura. Durante a década dos 1930 Lanvin faise moi coñecida por os seus motivos florais, que acabarían sendo marca da casa.
   Ela morre en 1946, e será a súa filla a que tome as rendas do negocio, xa que tampouco lle fora especialmente ben no mundo da ópera pero morre a súa vez en 1958, a partir de este momento a casa Lanvin pasa a ser propiedade de diversos bancos que a venden e a revenden ata que vai perdendo a gloria ata que case se convirte en pena, pero en 1980 o diseñador belga Fraçois Crahay devolve o esplendor a casa en 1990 o grupo Orcofi (básicamente o grupo LVMH) compra a casa e véndella en 1996 ó grupo L'Oreal que decide venderlla, en 2001, á Madame Shaw-Lan Wang (os de L'Óreal aínda deben de estar chorando por tan intelixente movento financiero). Madame Shaw-Lan Wang é unha especie de Anna Wintour, orixinaria de Taiwán, con moito gusto pola moda e mellor ollo para os negocios que decide contratar a Alber Elbaz, quen xa deseñara para Guy Laroche e Yves Saint Laurent. E aquí onde Lanvin vive outra idade de ouro.

     Pero, que ten Lanvin que non teñan outras marcas? Pois moi fácil, renome.
Lanvin é casa de costura parisina máis vella en funcionamiento.

Iso non o pode decir nin Hermès, nin Chanel...nin ningunha outra casa francesa, ahí esta a diferencia. Este é o video da colaboración entre os dous extremos da moda;

E despois de este super-speech aquí ven a miña listaxe de cousas;

As gafas 19,95€

    Creo que nunca levaría unhas gafas tan grandes, pero polo simple feito de estar deseñadas por Alber Elbaz e ter o nome Lavin xa merece a pena poñelas. O mellor é ese toque de seductor francés, ó Sergé Gainsbourg, que as fan moi interesantes.

Os zapatos 79,95€

    Ese azul eléctrico en charol, non creo que se agoten nas tendas e non penso que haxa moitos homes suficientemente valentes para sair a rúa con eles. Pero se podo eu merco un par, ir de festa con esas marabillas nos pés ten que ser fantástico, aventuras mil!

A gabardina 129€

    Así xa teño o total-look exhibicionista; gafas de sol+zapatos+gabardina= sopresa!. Fai tempo que busco un trench clásico, sen nada, o máis neutro posible para que me dure moitos anos e creo que acabo de atopar.


O esmoquín 199€

   Xa sei que aínda foi onte cando comprei o primeiro traxe, pero esto é empezar e non parar! Se algún día teño ocasión de lucir un esmoquín, pois que sexa dunha casa de costura mítica, do Zara non é o mesmo! Quero levar algo que me faga sentir como un marqués ou un duque.

O foulard 39,95€


   É unha marabilla, a min a combinación entre branco e negro paréceme sempre moi interesante. O que me falta por saber é material porque se fose de seda, sería xa perfecto.
    E esta é o resto da colección para home, para que vaiades vendo os precios. Están en dollares americanos pero en euros por ahí lle andará. O 20 de Novembro de 2010 ponse a venda en EUA e Canadá e o 23 no resto do mundo, non creo que ningunha tenda galega teña a colección, pero polo menos podemos esperar que a futura tenda de Marineda City teña por fin, o peso suficiente como para albergar este tipo de coleccións. Teremos que cruzalos dedos! Se queredes ver con máis detalle, clicade sobre a foto;


     Aquí tedes a páxina web onde podedes ver as tendas seleccionadas (ningunha galega! arggg); http://www.hm.com/es/#/Lanvin/

ACTUALIZACIÓN  21-11-2010

     Xa falta moi pouco para que H&M saque a venda a colección diseñada por Alber Elbaz para Lanvin, o 23 de Novembro xa estará dispoñible nas tendas e esta vez H&M puxo todo da súa parte para crear aínda máis expectación. Por exemplo, fixo algo moi innovador e sorprendente; unha subasta online dos modelos de alta costura de Alber Elbaz e algúns dos seus bosquexos.
   Aquí tedes a páxina web por se queredes puxar por algún modeliño; http://www.lanvinforhm.com/ e todo o recaudado irá a UNICEF. Así que non me queda máis remedio que felicitar a H&M por esta nova estrátexia mediática, un éxito sen dúbidas, e tamén pola solidariedade.
     E unha revolta mediática é precisamente o que estan a conseguir os suecos, senón fixadevos o artículo que lle dedican no xornal El País; http://www.elpais.com/articulo/cultura/Lanvin/H/26M/flechazo/Nueva/York/elpepucul/20101119elpepucul_2/Tes.
     A mala nova para ós galegos é que outra vez, H&M decidiu que ningunha das tendas que ten en Galiza ten nivel suficiente como para recibir tal colección, mensres tanto eu sigo cruzando os dedos para que a próxima tenda de Marineda City sexa unha das máis grandes da terra, o suficiente como para recibir todas as coleccións de H&M e especialmente as colaboracións con deseñadores de primer nivel.
     Pero a parte de este tema xa se fixeron algúns pases privados da colección, xa sabedes para famosillos, bloggers, e fashionistas así que en internet xa hai algunhas imaxes dos vestidos, traxes e demáis cucadas pero a min chamoume sobre todo ó packaging, e se non mirade que marabillas;
A bolsa.

A caixa de zapatos.

Parte posterior da bolsa e caixiña da cravata bolvoreta.

        Non me negaredes que as bolsas cos deseños de Alber Elbaz e cas asas de lazo son fermosas, e a caixa da cravata bolvoreta é unha pequena marabilla. Eu non teño moi claro se estas caixas chegarán a todo o mundo, ou son só para presentacións pero dendo logo son preciosas.
         Eu xa non podo esperar máis!