Amosando publicacións coa etiqueta Black Friday Cyber Monday Apple Zavvi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Black Friday Cyber Monday Apple Zavvi. Amosar todas as publicacións

24 de nov. de 2010

BLACK FRIDAY!!


Hoxe é o Black Friday! ahhhhhhhhhhhhhhhhh
       E vos diredes, e que carallo é o Black Friday??? Pois mirade o Black Friday é o día seguinte a festa de Acción de Grazas en Estados Unidos de América. A festa de Acción de Grazas é unha das máis importantes en Usa, e celébrase dende 1863 cando o presidente Abraham Licoln decidiu dedicar un día para agradecer o que se tiña (sobretodo os que conservaban a vida) porque nese momento estaban en plena Guerra Civil Americana (1861-1865). Basicamente celebrase o cuarto xoves de novembro e o día seguinte, o venres é Black Friday (Venres Negro) porqué é o inicio -oficial- da tempada de compras navideñas.  
       E como xa podedes imaxinar en EUA de comprar saben moito, así que elaboran todo tipo de eventos especiais, aínda que as tendas xa están a rebentar sen facer nada especial, pero as tendas amplian os seus horarios, teñen decosntos especiais, promocións... e todo tipo de triquiñuelas para deixar os dolares nas tendas. Precisamente na pelicula "Un padre en Apuros" (Jingle all the way), Arnold Schwarzenegger vive un auténtico pesadelo intentando conseguir o xoguete do seu fillo en pleno Black Friday -mala idea, peor película!-.

     Bueno, o conto é que o Black Friday -como absolutamente todo que ven de EUA- vaise instalando no nosa terra, evidentemente non creo que vexamos no Carrefour carteis de Promoción Black Friday en Sanchichóns, pero xa hai empresas que empezan a facer "algo" parecido! De todas elas a máis descarada é Apple que directamente dende a súa tenda online fan descontos interesantes... aqui tedes uns exemplos do Black Friday de Apple -eu estou encantado!-
Apple Black Friday 2009

Apple Black Friday 2010
    Ben podían o resto de compañías fixarse un pouco, porque o Black Friday non é máis que unha técnica para que as contas de setembro saian un pouco mellor saneadas, a xente está moito máis disposta a mercar antes de Nadal con un pequeno desconto, mellor que nas rebaixas "a toro pasado" cun desconto maior, polo tanto é unha maneira de garantizarse dar saídas ós stocks de mercancía e aínda gañarlle máis que en rebaixas. Tamén porqué as ventas de Decembro son moi importantes na contabilidade das compañías e un mes con tanta importancia que pode cambiar a balanza de negativa a positiva do resto do ano.

   Que significa "Black Friday"??, pois ademáis de ese Venres Negro que fai referencia o día despois do día de Acción de Grazas créese que o termo naceu en Philadelphia a partir de 1966 aló usaban este termo para describir a cantidade de xente e coches que había por motivo das compras de nadal e depois en 1975 foise expandindo o termo ata hoxe.

E depois do Black Friday?? 
 CYBER MONDAY!!!
Algúns exemplos de Cyber Monday.

     Se algo saben en EUA é seguir mercando... pero claro o Black Friday para moitos consumidores era/é/será unha auténtica tortura polas colas inmensas, multitudes, a dificultade para aparcar e outros centos de inconvintes así que as mentes pensantes do marketing americano decidiron que ninguén no país podía quedar se gasar os cartiños e diseñaron o Cyber Monday, basicamente o obxectivo é seguir mercando e faise o luns seguinte o Black Friday, e claro para facilitar as cousas é todo por internet para aliviar un pouco as tendas de xente e tamén para que o que non se conseguíu no Black Friday non quede sen mercar.  O termo vense utlizando dende fai nada xa que EUA, úsase dende 2005 e pouco pouco vaise metendo en Europa.
     Unha das primeiras compañías en introducilo en España é a compañía de venda por internet Zavvi http://www.zavvi.es/home.dept da que eu son moi fan! Lle chaman  MegaLunes xa que en verdade o fan case tódolos luns do ano, e ben fan!
     
       Pois iso, dúas tradicións americanas que poden ser moi útiles para os petos dos consumidores. Por iso gústanme a min!!